FANNY+ALEXANDER

Son unha banda indie galega con base en Compostela que gosta de poñer a proba en cada unha das súas cancións os límites do Pop máis canónico, chimpando do pop acústico á indietrónica máis arriscada, do chamber-pop orquestrado ao máis shoegazer e espacial, do sintético pop electrónico ao máis folkie e espido. Unha atitude rupturista que comeza coa fidelidade ao principio punk do Do It Yourself -autoproducindo os seus discos e realizando os seus propios videoclips e material gráfico-, continua con un compromiso co Copyleft e remata coa explotación a conciencia da infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da nova música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas.

Conta con tres discos editados: “Lusco e Fusco” en 2006, “Finais dos 70s, comezos dos 80s” en 2007 e “Alfaias” en 2009. Ademais prodigan as súas colaboracións con outros músicos, principalmente da escena galega.

(fonte: fannyalexander.net)

Velaí vos deixo co vídeo de “María Silenzo”, un tema do seu disco “Finais dos 70s, comezos dos 80s” no que poñen música a un precioso poema de Ricardo Carvalho Calero. Espero que vos guste.

Advertisements

António Zambujo

António Zambujo é, posiblemente, a voz masculina máis internacional do momento. Hai quen di que a súa música é unha fusión do fado con elementos do jazz, da bossanova, cante alentejano e outros. A súa preciosa voz transmite sentimento, e nas súas letras apréciase o coidado pola palabra.

Acaba de editar o seu disco “Quinto”, unha boa oportunidade para acercarse á súa música.

Para rematar de convencervos velaí o video de “Guía”, unha marabilla do seu anterior disco.

Tributo a Pink Floyd en Salcedo

O pasado día 12 celebrouse en Salcedo (Pobra de Brollón) unha xornada cultural de gran mérito, que xirou en torno ao grupo musical Pink Floyd.

Durante a tarde sucedéronse diversos actos:

Charla-coloquio sobre o tema do Rock no mundo do Cinema, levada a cabo polos membros do Cineclub A Calexa.
Proxección do filme “The Wall” de Alan Parker
Conferencia de David Dacal sobre a escea musical de Canterbury nos anos 70, e os chamados grupos de rock progresivo.
Charla sobre a discografía de Pink Floyd, levada impartida por Tico Camarero.
Actuación musical a cargo do Movemento Tabernario Lemavo.
E para o fimal, polas 23:30 comezou o máis esperado da xornada que foi a actuación do grupo Vera Lynn que nos deleitou coas súas magníficas versións de Pink Floyd e Dire Straits.
A xornada resultou un éxito de participación e como vedes o programa pagaba moito a pena. Ademais involucrou a varios colectivos culturais da zona entre os que figuraban o convocante a Asociación de Veciños de Salcedo, o Cineclub A Calexa e o Movemento Tabernario Lemavo. Agradecerlles aos veciños de Salcedo a súa iniciativa e o seu traballo, que se suma a moitas outras que levan a cabo durante todo o ano.
Con xente así da gusto!

This slideshow requires JavaScript.

John Grant – Queen Of Denmark

 

John Grant – Queen Of Denmark

Data de publicación: mércores, 28 de abril de 2010

Xénero: Pop

Edita: Bella Union/Nuevos Medios

País edición: Estados Unidos

 John Grant foi o líder, alá no seu Denver natal, de The Czars, unha banda alternativa dos 90. Despois de oito anos abandonaron o proxecto e Grant practicamente desapareceu da escena musical. Así estivo catro anos ata que os seus amigos do grupo Midlake animárono a meterse no estudio e gravar as cancións que tiña compostas en solitario durante este tempo. Estas falan do que Grant tiña dentro e non puidera expresar na súa anterior etapa ao fronte dos Czars. El mesmo contaba nunha recente entrevista parte da súa biografía: “mudeime con 12 anos a Colorado, onde fun miserable. A miña familia non tiña cartos. Matriculáronme nun colexio de nenos ricos que me chamaban maricón e lixo. Forzáronme a lidar coa miña sexualidade nun momento o  que aínda non estaba preparado. ¡E nin sequera sabían que era gay! Era simplemente o peor insulto que se lles ocorría. A iso únelle unha familia moi relixiosa…”

Un disco honesto no que atopamos confesión dolorosas e amargas, que falan en ton poético das experiencias dun supervivente, do proceso de autoaceptación, dos fracasos e do rancor. Pero non debemos asustarnos porque a voz preciosa de Grant posúe un magnetismo que atrapa e que nos conducirá a través dun disco cheo de sensibilidade e beleza.

 

Sin noticias de Islandia

Que pasa en Islandia?. Ultimamente os medios esquenceronse ou non lles interesa falar de Islandia?. Por que?.

Aparecía por internet un artigo (repetido ata a saciedade en centos de páxinas) que contaba que mentras todos os países seguen a facerlle o xogo ás institucións financieiras, os islandeses elexiron outro camiño: dimisión de todo un goberno en bloque, nacionalización da banca, referéndum para que o pobo decida sobre o pago da deuda, encarcelación de responsables da crise e reescritura da constitución partindo de asambleas cidadans.

Sería demasiado bonito para ser certo o que se conta nese texto. A verdade é que desgraciadamente non é totalmente exacto. Podedes visitar algunhas páxinas para seguir o sucedido neste país.

http://losdeabajoalaizquierda.blogspot.com/2011/04/lecciones de-islandia.html

http://www.universalnews.net/es/internacional/noticias/?n=3206-la-revolucion-de-islandia-ejemplar

http://www.elsentidodelavida.com/

De momento ahí queda algo do que pasou en Islandia a nivel musical. Estas son imaxes da xira que deron Sigur Rós do 2006 (antes da crise que os golpeou no 2008) por localidades da illa e que se recolle na película  Heima (En casa). Son concertos sorpresa, únicamente para os habitantes de cada localidade.

E para rematar un video co desexo de que os islandeses lle declaren a independencia ao FMI. É o tema “Declare independence” de Björk.